A man dos paiños

mandospaiños

Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería
falar dun país productor de emigrantes e náufragos.

Bo comenzo do ano co libro de Manuel Rivas A man dos paiños, tres miradas distintas a supervivencia. Na primeira viaxamos nun relato de ficción dende Londres a Visma (Coruña) no voo dos paiños. O retorno do emigrante nos descubre ao home que coñecimos fora da sua terra. A infancia e xuventude relatada a mar rebentado, da maneira que come o mar o pe do Monte de San Pedro. Ven despois o álbum furtivo, unha colección de fotografías que repiten a mesma viaxe. Momento de acougo para chegar a “Os naúfragos”, unha reportaxe periodística sobre galegos superviventes dos naufraxios, dos homes que veron os dentes do mar.

Lera nun vello libro que as nais peixeiras destinaban para o mar o primeiro pan saído do forno en Aninovo. Facíanse acompañar por un fillo ao acantilado máis bravío e era o neno o que botaba o molete ás fauces espumeantes da invernada. Aquel pan ritual, do que falaba a Etnografía de Vicente Risco, era unha ofrenda para acalmar a fame do océano. Segundo a crenza, salvaría, polo menos, a un mariñeiro. A sorte do naúfrago.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s