Sitio das Barreiras / Barreiras

En 1845 era un dos lugares do Barrio nº 13 da Coruña, en 1856 so tiña tres casas e duas delas vacías, en 1889 xa non se rexistra no padrón e nas primeras décadas do século XX os xornais teñen que explicar os seus lectores onde están As Barreiras.

Historia y descripción de la ciudad de La Coruña - Enrique de Vedía y Goossens (1845)
Historia y descripción de la ciudad de La Coruña – Enrique de Vedía y Goossens (1845)

Na Historia y descripción de la ciudad de La Coruña (1845) Vedía y Goossens menciona Barreyras entre os lugares do Barrio 13. O curioso para a sua situación e que o menciona entre o lugar de Riazor, San Roque (de Afora) e Peruleiro sitios que están preto un dos outros e que non parecen permitir moito espazo entre eles agás o que ocupa hoxe o Estadio de Riazor. ¿Está o estadio construido nas Barreiras? ¿E Ciudad Jardín o lugar das Barreiras? ¿Qué di a prensa da época sobre o lugar?

mapa barreiras
Plano de 1928 con algúns dos lugares que se mencionan no post: Estrada a San Roque (vermello), estrada a Peruleiro (verde), Campo vello de Riazor (amarelo).

Empezamos cunha nova que so describe o lugar aproximado. Esta indica co sitio está extramuros, entre el lugar de Riazor y San Roque.

El Centinela de Galicia periódico político, literario é industrial Número 71 - 13 abril 1844
El Centinela de Galicia periódico político, literario é industrial – 13 abril 1844

A seguinte parece descartar as situacións posibles pois fala do lugar á la derecha del camino que conduce á San Roque de Afuera, esto o situaría por onde hoxe está o colexio Las Esclavas. O Concello propuña ese punto para a construcción dun novo Matadoiro, proposta que non chegou a realizarse.

[…] el acuerdo adoptado por el Ayuntamiento de esta capital determinando la construcción de un nuevo Matadero en el punto llamado de las Barreiras, ó sea en los terrenos situados á la derecha del camino que conduce á San Roque de Afuera

LVG 1891/12/13

Esta situación non pode ser porque durante o comezo de século XX ata finais a década dos 30 mencionase que en Barreiras construíase, empregábase como almacén, etc. ainda que nesa situación o lugar ocupado polo Parque de Riazor, o antigo campo de xogo do Deportivo, ou os xardíns (o bosque de Bolonia).

riazor
Fotografía aparecida en en 1930 en “La Esfera: ilustración mundial” na que se pode apreciar as estradas de San Roque e Peruleiro, os xardíns de Riazor, Ciudad Jardín, o vacío do que se quitou terra para o recheo, San Roque da Fora, etc.

Todalas outras referencias sinalan o mesmo lugar: en la carretera de Riazor a Peruleiro (1905), en Peruleiro (1907), a la izquierda de la carretera de Riazor a San Roque (1925), entre as estradas de Peruleiro e San Roque de afora (1922-1926)… todos parecen indicar o terreo onde hoxe está o estadio de Riazor. Na última delas o terreo chámase lugar das Barreiras ou Muelle que e a primeira vez que atopo tal topónimo como equivalente.

Por construir sin permiso una chavola en el sitio denominado Barreiras, en la carretera de Riazor a Peruleiro, […]

1905

descarga (15)
El Noroeste – 6 octubre 1907

Este accidente indica cas Barreiras tal vez seguía sendo un areeiro como fora anos atrás segundo veremos.

photo_2016-11-02_13-43-29
Fotografía do Arquivo do Reino de Galicia etiquetada como “Panorámica de San Pedro de Visma”. Parece durante a construcion da “Ciudad Jardín” ainda que o ARG a data en 1930.
descarga (16)
El Orzán – 10 xunio 1918

As Barreiras aparece aquí descrita como Agra das Barreiras e pertencente a Parroquia de Visma ¿podería tratarse doutro lugar? A presencia dun veciño de Peruleiro faime pensar que non, que estamos a falar do mesmo lugar.

El Ideal gallego Num. 1567 (05071922)
El Ideal gallego (05/07/1922)

O vivero de plantas y árboles ou invernadero Municipal estaba situado en Riazor (El Noroeste 02/02/1902; Eco de Galicia 13/3/1903, 24/3/1909) ata que por impedir o aceso os chalets de Ciudad Jardín desprázase as Barreiras. Outra nova (El Ideal Gallego 01/07/1922) informa das dimensións do terreo alugado (500 m2) e da situación (nas proximidades da estrada de San Roque).

[…] la madera procedente de la tala del arbolado y que se halla depositada en la finca arrendada por el Ayuntamiento, situada a la izquierda de la carretera de Riazor a San Roque, lugar de las Barreiras, donde podrán verla previamente los licitadores.

1925

Expediente sobre o arrendamento dun terreo no lugar das Barreiras ou Muelle, entre as estradas de Peruleiro e san Roque de afora, para ampliar o viveiro municipal.

1922-06-23 / 1929-11-06

Emilio González López, que naceu e pasou sua nenez en San Roque de Fora e Riazor, non menciona o lugar nas suas memorias cando describe o entorno:

Estuvimos unos cuatro años en Riazor, para regresar, al cabo de ellos, al punto de partida, San Roque d’Afora. La calle o carretera de Riazor se acababa en el fielato de consumos. A partir de él, en la derecha, estaban los jardines de la playa de Riazor, y en la izquierda una hondonada, que había quedado como resultado de haberse extraido de ella la tierra para rellenar la parte de la bahía coruñesa, frente a la Avenida de la Marina y los Cantones, donde están hoy los jardines de Méndez Núñez, que por eso se llaman en lengua vulgar El Relleno.

A continuación de los Jardines de Riazor, en los que abundaban las palmeras y los palmitos, estaba el campo del Deportivo de La Coruña; y, a la izquierda, después de la hondonada, el merendero de Espiñeira, que todavía funcionaba cuando yo era niño. Pasado el Deportivo, comenzaban las primeras casas de San Roque, unas de obreros y otras de labradores de aquellas tierras; y, en la parte izquierda de la carretera, había unos descampados, al final de los cuales, y ya entrando en el propio San Roque, se construyó el depósito de máquinas del Alcantarillado de La Coruña, que arrojaban las malas aguas en el mar […]

Nun principio pensei que esa:

hondonada, que había quedado como resultado de haberse extraido de ella la tierra para rellenar la parte de la bahía coruñesa, frente a la Avenida de la Marina y los Cantones,

podía ser a orixe do nome das Barreiras. Unha depresión onde apozara a choiva ca terra axeitada podería estar enlamado acotio e suxerir o nome. Segundo algunhas fontes o lugar era xeneroso en regatos polo que non dependía so da choiva. Con todo conta Xosé Alfeirán en La primera locomotora, onde narra a inauguración do tramo de via ferrea que levou a terra desde Riazor ao Porto, estes traballos foron realizados na Agra de Riazor en 1865, son por tanto posteriores ao uso do topónimo. Eso non quita co lugar quizais fora un punto de extracción habitual reutilizado no recheo do Porto; que non fora necesaria a poza para enlamar e bastara cos regatos ou que o barro non pinte nada nesta historia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s