Rúa “La Rosita”

orwell316
Nomenclátor – Guía de La Coruña (1947)

O nome da rúa ven dunha fábrica de mosaicos que había naquel lugar e que tiña ese nome comercial. No 1944 aparecía o seguinte anuncio nun xornal coruñés:

Vendo la Fábrica de Mosaicos “La Rosita”, con toda la propiedad, 234 metros cuadrados. Techos de cemento armado. En Monte Alto.

Durante un tempo a rúa tamén levou o nome de Pérez Cepeda. Tras reiteradas peticións de Liaño Flores, concelleiro naquel momento, a rúa trocou seu nome arredor do ano 1970 polo de Suevia.

… en recordación del reino de los Suevos, que se asentaron en estas tierras.

Rúas a mirar: A rúa Luna (polo Campo da Luna?) e a rúa Touro.

Sobre a outra Rosita coruñesa: As carruaxes fúnebres que levaban os finados a San Amaro nas primeiras décadas do século XX indicaban a importancia do morto. Un coche a la Federica era para alguén senlleiro, un persoeiro moi importante da cidade de maneira que non ocurría acotío. Había tamén unha carroza de segunda clase e de terceira, a mais habitual, pero inda existían duas mais: unha carroza branca para nenos e mociñas e a carruaxe dos pobres, a Rosita, chamada así porque ese era o nome da mula que tiraba dela.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s