Espectáculos na Coruña: O Xigante Aragonés (1893)

oxigante aragones
El Anunciador : diario de La Coruña y de Galicia: Num. 13220 (24/12/1893)

El gigante aragonés. El coloso de las montañas de los Pirineos, el cazador de osos, el tocador de vihuela, el cantaor de coplas de la tierra de la Pilarica, el que se pasa a un hombre alto por debajo del sobaco, se exhibe diariamente en la planta baja de la casa núm. 23 de la calle ancha de San Andrés, donde estuvo la Escuela de Bellas-Artes.

Horas, hoy domingo, de diez a doce de la mañana y de tres de la tarde a ocho de la noche.

Entrada general, un real.

Quén era o Xigante Aragonés?

Fermin Arrudi nace en 1870 en Sallent (Huesca) non destaca en altura na sua infancia pero os 14 anos comeza a medrar ata os 2,29 metros e 178 kilos de peso. Traballa de cargando sacos ata que nas festas do Pilar alguén ve seu potencial como fenómeno e convenceo para exhibirse nunha barraca vestido cun traxe de etiqueta.

Promocionado como cazador de osos contan que ten dous irmáns que van no mesmo camiño e cando den o estirón partirán a Chicago a gañar cartos. Mentres tanto el exhíbese para ter diñeiro co que redimir o seu irmán de ir a loitar a Cuba.

En 1892 en Madrid ten un papel sin texto na zarzuela Los madgyares pero axiña volve a sua turné por España. En Valencia un mozos que pretenden pasar de balde firen dun disparo o seu representante, nas festas de Pamplona mais de 11.000 persoas pagan a entrada dun real para velo, en Ourense tocalle a Lotería (4.000 pesetas) e deixa que todos entren sin pagar. Dous anos despois visitara 48 provincias e 146 poblacións, entre elas A Coruña, e toda a familia real pasara a velo. O Rey o agasalla cun uniforme de Lancero Real que usará no show xunto co frac e o traxe rexional aragonés.

En 1897 cásase en París. A noiva (que algún xornal chama Charle) e unha rapaza de 17 anos “delgadísima y no mal parecida”. Cando saen os noivos unha multitude os espera facendo balbordo con trompas de caza. A francesiña que tantas xogos de palabra da na prensa española e espelida dabondo para reconducir a carreira de Fermín que estaba na marcha carto ganao, carto papao. A xestión da sua dona permite en 1901 retirarse o seu pobo e adicarse a terra, os negocios e a caza. Aproveitando sua retirada un home chamado Domingo Torres asume o título de xigante aragonés pero nin a sua altura (1,80 metros) nin a sua popularidade fan sombra a Fermín.

En 1905 os xornais volven a publicar unha noticia do Fermín: el so matou a dous osos co Mauser, agasallo da Reina, e un terceiro cun coitelo o non dar tempo a cargar a arma. Volven as historias e os datos: o reloxo que ten, feito a medida, pesa dous kilos, cea un cabrito e cinco litros de viño… Dous anos despois Fermín e a sua muller viaxan a Estados Unidos, non van seus irmáns que nunca deron o estiron que deles se esperaba.

A parella torna en 1908 e nas festas do Pilar, as que agora vai como turista non como espectáculo, fala cun xornalista do seu retiro. Entre as fazañas que relata está a caza de dous oseznos e a sua nai, quizás os tres osos que a prensa adornou anos atrás, a cantidade de instrumentos de rondalla que toca (acordeón, guitarra, requinto…) e os 5.000 pesos da sua fortuna.

O home que era capaz de levantar a outro con dous dedos morre en 1913 e posible que de tuberculosis.

Para cantar el navarro,
Para bailar el francés,
Para pegar puñetazos
El Gigante aragonés.

Os datos para elaborar esta breve biografía proceden dos xornais da época e reflicten como o viron nosos devanceiros. Existen outras fontes para consultar a biografía histórica do Xigante Aragonés.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s