As lecturas a domicilio de “La Joya Literaria” (1883)

En 1883 co gallo das festas pola chegada do ferrocarril directo de Madrid a Coruña, celebracións as que acudiron Alfonso XII e Dª. Cristina, editouse unha guia para forasteiros. Esta guía tiña un pouco da historia e guia da cidade e o programa das festas pero principalmente tiña publicidade dos negocios locais. Chamoume a atención que La Joya Literaria (rúa Africano, 9), un negocio de papelería de Lino Pérez tiña a opción da lectura a domicilio e incluía ademais unha lista dos libros dos que dispoñía este servizo.

Pages from Guia de La Coruña_Page_1
La Coruña en la mano. Guía de la Coruña (1883)

Entre os libros había clásicos (D. Quijote de la Mancha, El Conde de Montecristo, La Biblia…), de aventuras, ciencia, relixión (El Antecristo se acerca), melodramas e relatos de crimes. Unha sección de libros de tresEl hombre de las tres pelucas, La joven de las tres enaguas, La joven de los tres corsés, El hombre de los tres calzones, Una mujer de tres caras. Pero a sección que parece mais fornecida e a dos libros sicalípticos ou polo menos que no seu título así o suxiren: ¡¡¡Adúltera!!!, Las mujeres de la noche, La Sacerdotisa de Vesta, El Culto al Falo, Las estraviadas, La luna de miel, El sesto no fornicar, Arte de agradar a las mujeres, El seductor de criadas, Las ligas de la desposada…

Todos os libros aparecen sen autor agás nun caso: Nana de Emilio Zola.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s