A cervexa Merckel

Según a su publicidade a fábrica de cervexas Merckel crease na Coruña en 1808. Hai quen di que xa estaba na Gaiteira ainda que eu non puiden conseguir información dos seus orixes. Fáltame, por exemplo, o nome do seu creador, quen trouxo o negocio a Coruña. No ano 1832 o censo identifica o nº1 do Cantón Pequeno como unha fábrica de cervexa propiedade de Jacobo Mengel (o apelido dos Merckel e escrito de moi variadas e incorrectas formas) pero non podo asegurar si estamos ante o precursor do negocio.

En 1858 media ducia de botellas de cervexa son presentadas na Exposición Agrícola, Industrial y Artístico de Galicia celebrada en Santiago de Compostela, as levan os Sres. Merckel e hijo. Oito anos despois un artigo falanos de D. Leopoldo Merckel, residente na Coruña, que dispón dun método para facer desaparecer o sabor ácedo dos viños dándolles un sabor mais pracenteiro. Tamén ofrécese como socio industrial para o establecemento de fábricas de cervexa, augardente e xinebra.

El Buscapié periódico satírico de noticias y anuncios Año I Número 22 - 30 septiembre 1866 Cervexa Merkel
El Buscapié periódico satírico de noticias y anuncios Año I Número 22 – 30 septiembre 1866

En 1878 e 1880 temos as cervexas Merckel da Coruña dispoñíbeis en Lugo e Santiago. As cervexas non se consumían moito en tabernas nas que se preferían bebidas mais fortes pero si que aparecían nos despachos de gasosas:

El diario de Lugo periódico político y de intereses generales Año III Número 489 - 1878 mayo 21
El diario de Lugo periódico político y de intereses generales Año III Número 489 – 1878 mayo 21
El Correo gallego diario político de la mañana Año III Número 445 - 1880 enero 28
El Correo gallego diario político de la mañana Año III Número 445 – 1880 enero 28

No censo de 1882 aparece Antonio Merckel Corral (63 anos) como fabricante de cervexa, está casado con Carmen España e ten unha filla, chamada Matilde, casada con Manuel Serrano García, de 31 anos e de Logroño. O ano seguinte aparece Manuel Serrano como sucesor na publicidade da bebida.

Screenshot_21
Publicidade na “Guia de la Coruña” (1883)

 

De Palencia a La Coruña 1883
De Palencia a La Coruña (1883)

No 1885 Alemania toma posesión das illas Carolinas que España reclama como propias. Hai momentos de tensión que se solucionan ca mediación do Papa e compensación económicas. Deses anos e o seguinte anuncio na que a cervexa Merckel, que en publicidades anteriores levaba a etiqueta de Fábrica Alemana,  nun alarde de patriotismo baixa o prezo para evitar que entre cervexa do pais xermano:

El Anunciador: diario de La Coruña y de Galicia - septiembre 1885
El Anunciador: diario de La Coruña y de Galicia – septiembre 1885

GUERRA A ALEMANIA
Fábrica de cervezas de Merckel

Para evitar la introducción de la cerveza alemana, el propietario de esta fábrica ha determinado rebajarla desde el 1.º del corriente, á los precios siguientes:
Una docena de botellas grandes, 20 rs.
Idem id. pequeñas, 11 id.
Botella suelta grande, 2 id.
Idem id. pequeña, 1 id.
En su despacho
RUA NUEVA, Nº 13

A fábrica estaba na Ponte Gaiteira, e formará parte da paisaxe e da memoria de moitos dos periodistas da primeira metada so século XX e a presencia da sua publicidade nos xornais era constante, no 1887 aparece como fábrica de cervexas e gasosas.

MERCKEL FABRICA DE CERVEZAS Y BEBIDAS GASEOSAS
Merckel garantiza la pureza de sus productos. Merckel no emplea en sus cervezas el ácido salícitico. Merckel no emplea en sus cervezas el Opio. Merckel no emplea en sus cervezas el bisulfato de cal. Merckel no emplea en sus cervezas el alcohol. Merckel no emplea en sus cervezas ningún producto nocivo á  la salud Y finalmente: Merckel no emplea en la fabricación de sus excelentes y acreditadas cervezas mas que la malta y el lúpulo de las mejores clases. Para pedidos y demás informes dirigirse á su propietario Manuel Serrano
(1888)

No ano 1900 aparecen como sucesores do negocio os irmáns Casado e pouco a pouco a Merckel vaise esvaindo dos xornais. Un artigo de 1902 lembra con nostalxia a Merckel  non sei si porque xa desaparecera ou porque a marca actual non estaba ao nivel.

Manuel Serrano García fina en 1905, sua muller Matilde en 1917. A parella tivo varios fillos, un deles foi directivo do Real Club Coruña en 1910.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s