Faragullas

1.- No Plan Parcial de Zalaeta dos plans antigos do Concello da Coruña (PGOM 1969) a rúa Hospital aparece co nome de rúa San Marcos.
01

2.- Nas festas de San Roque de Afora de 1916 entre merendiñas nas Percebeiras, bailes e regatas destacaba a sesión de aviación de D. Joaquín Iglesias Roel quen “volará en un aparato de su invención” para dar mais tarde unha conferencia sobre seu invento (El Noroeste, 12 agosto 1916)
Screenshot_6

3.- Un dos feitos que resaltaba a Compañía Anglo-Americana que levaba pasaxeiros da Coruña a La Habana e Nueva Orleans en 1878 era que “Nunca llevan tropa”. A viaxe directa, a rebaixa polos menores, as comidas abundantes con cociñeiros de España e a medicina e asistencia médica gratuita destacábanse menos.
nunca llevan tropa

4.- En novembro de 1902 o xornal El Noroeste contaba a celebración dunha unión libre no local do Centro de Estudios Sociales Germinal. O procedemento trouxo moito público no que predominaban mulleres entre as que estaba a comprometida que, o mesmo ca sua parella, nunca foi identificada no acto.
Año VII Número 2009 - 1902 noviembre 25 __ amorlibre

5.-  En 1876 morría, cecais de accidente, o fillo do gaiteiro de Vioño. O defunto non apareceu ata días despois da sua desaparición porque o cadáver estaba oculto na lama do foso da porta da Torre de Arriba, un dos varios vestixios que ainda quedaban da muralla da Pescadería.

DUqVXz8X4AAmkK6
El Diario de Santiago – 23/10/1876

6.-  O xornal de Pontevedra La Correspondencia Gallega (11/01/1906) informaba da aparición de varios fusiles vellos soterrados na praia do Orzán. Do mesmo suceso ocupouse o xornal coruñés La Voz de Galicia o día anterior quitándolle importancia e rebaixando a cantidade de armas atopadas: Han aparecido en el arenal del Orzán donde se hallaban enterradas diez tercerolas completamente inútiles. Supónese que proceden de la huelga de consumeros ocurrida en 1901, quienes las llevaron allí ante el temor de que las ocupasen en los registros hechos en sus domicilios.
DWZJFnKX4AAj_La

7.- Noticia sobre a detención de Margarita Stein na Coruña 1935. Quen era a Stein? Cecais unha tola, cecais unha espia.
DW5xhjHWkAAa8m3

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s