Choqueiros de Xosé Alfeirán

Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés. Ata 1882.
Xosé Alfeirán

choqueiros

O libro está editado polo concello coruñés e pódese descargar de balde aquí.

A etapa que cubre e ata 1882 destacando o historiador tres fases ou modos de celebralo Entroido: carnaval primitivo, carnaval enchoupado e carnaval civilizado. Das características de cada etapa fala na introducción:

Os primeiros datos concretos que temos sobre o carnaval coruñés datan de finais do século XVIII e comezos do XIX. Por eles sabemos que nel xoga un papel esencial o lanzamento de ovos, laranxas e augas sucias nas rúas aos paseantes, especialmente ás mulleres. Rituais que se remontan a épocas máis antigas e que son moi semellantes aos que se dan noutras cidades de Galicia e de España. Estas prácticas están relacionadas con arcaicos ritos agrarios que buscan sacudir a natureza e propiciar a fecundidade. Forman parte dun carnaval primitivo que ten na figura do choqueiro, vestido con farrapos e levando unha careta de pel de animal ou de filloa feita con fariña e auga, o seu elemento central e protagonista das festas carnavalescas que remataban co enterro e queima do antroido. A estes elementos populares, no século xviii engádeselle o baile de máscaras cortesán que da pé a novas formas de socialización que serán asumidas e potenciadas pola elite urbana coruñesa.

A partir de 1834, o progresivo triunfo político dos ideais liberais van conformado unha nova sociedade dominada pola burguesía. Neste contexto, as festas do entroido na Coruña son vividas con intensidade, conformándose un orixinal carnaval que ten como eixe as batallas de auga que se dan nas rúas do centro da cidade entre transeúntes e veciños apostados nos balcóns das súas casas. É o carnaval enchoupado no que se busca enfariñar e augar a todos os que estean nas rúas. Catarse colectiva que ten o seu complemento na auxe dos bailes de máscaras, tanto públicos como privados ou de sociedade, e na forxa dun novo ritual da fin do carnaval composto por unha procesión fúnebre polas rúas seguida dun sermón burlesco pronunciando no teatro no que se fai critica dos costumes e, sobre todo, das mulleres.

En 1862 cambia de novo o carnaval. E esa transformación é premeditada, consciente, colectiva e radical. Dun ano para o outro, a cidade rexeita e condena as anteriores prácticas de enchouparse e asume unhas novas consideradas máis civilizadas. A mudanza é propiciada pola burguesía, que controla o poder político da Coruña, pero asumido polos gremios obreiros, en especial o dos carpinteiros que se converte en coparticipante necesario para o seu desenvolvemento. Este carnaval civilizado basease na realización de grandes desfiles de mascaradas, feitas polas sociedades de recreo e os gremios coruñeses, celebrando a entrada e entronización de Momo na cidade ou festexando polas rúas os días principais do carnaval ou enterrando a sardiña. Prohibidas as batallas de auga, agora desenvólvense as pelexas de doces, guindando confeitos e lambonadas, que terán como principais protagonistas, debido ao seu custe, a mozos e mozas da burguesía nas rúas principais da cidade. Xorden así mesmo os primeiros apropósitos ou pequenas pezas teatrais nas que aproveitando a despedida do carnaval faise crítica dalgúns costumes ou acontecementos da cidade. Estas novas celebracións inician a evolución do carnaval vivido por todos ao carnaval espectáculo separando a participantes e espectadores. É tamén o tempo onde o carnaval único e colectivo da paso a celebracións diferenciadas por estratos sociais. As mascaritas, cos seus disfraces elegantes, e os seus bailes de sociedade destinados á burguesía contrastan cos choqueiros e as máscaras de polvo e os seus disfraces noxentos portados polas xentes dos barrios. Cara á 1882 este carnaval está esgotado e abrirá paso a novas historias.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s