O Circo de Pulgas de Mr. Quevedini

En marzo de 1902 no baixo da Fonda “La Paloma” na Rúa Nova instalouse o Circo de Pulgas de Mr. Quevedini para varios días de actuacións. Mr. Quevedini viñera en outras ocasións a Coruña e tiña unha recoñecida sona en espectáculos off-off-Teatro Principal.

El Noroeste  - 1902 marzo 23
El Noroeste – 1902 marzo 23

O barcelonés Melcior Quevedo, Mr. Quevedini, descubre en Francia os espectáculos de fenómenos e comeza as suas produccións. Os titáns Brunilda (2,40 m.), Miss Emma (2,30 m.) e Domingo Torres (235 kilos) son suas primeiras opcións pero considera que as contas non saen porque comen como dragóns. Non o deixa de todo porque no novo espectáculo, os noivos de fin de siglo, simula a voda da marquesa austriaca Agnes (tres palmos e medio) con Rosis (2,23 m.).

El Noroeste  1902 marzo 24
El Noroeste 1902 marzo 24

Mais tarde pasa a exhibición dos salvaxes. Sua india salvaje ía atada cunha cadea o naríz, berraba Arriatá e ianselle os ollos e salivaba cando vía cativos ben repoludos no colo das espectadoras. A salvaxe era unha rapaza de Martinica cun marsellés ruín deixara tirada no porto de Barcelona.

El Noroeste  - 1902 marzo 30
El Noroeste – 1902 marzo 30

O cume profesional deste productor foron os circos de pulgas. Vestido de frac e cheo de medallas Mr Quevedini exhibía durante 30 minutos tódolos trucos das súas 300 artistas instruidas a la alta escuela.

El Noroeste - 1902 abril 2
El Noroeste – 1902 abril 2

Había actividades circenses como pallasos (Tom e Nipp), equilibristas (a señora Flavia), acróbatas de París e Madame Pepita, con sus producciones peligrosas del salto del círculo. Tamén había cadros escénicos cos bechos facendo estampas de batallas e calvarios en países exóticos: equipajes del país del oro; pobres esclavos; el combate de la vanguardia de Pirof, entre serbios y búlgaros…

El Noroeste - 1902 abril 10
El Noroeste – 1902 abril 10

A experiencia se completaba cos comentarios de Mr. Quevedini sobre como cazar, ensinar e manter a tua propia troupe, e as anécdotas das suas actuacións. En Zaragoza Madame Pepita estableceu un record e aterrou no escote dunha muller. Asustada pero competente abondo para cachala a muller devolveulla a Quevedini que con moita magoa díxolle que aquela non era Madame Pepita.

Melcior Quevedo, Mr. Quevedini, en 1935.
Melcior Quevedo, Mr. Quevedini, en 1935.

No ano 1935 Melcior Quevedo sobrevivía da venta ambulante (bisuteria, entradas de futbol, xoguetes, trebellos para pelar patacas, estilográficas…) andaba a procura dun socio con contactos políticos para poñer unha barraca e retomar o circo de pulgas. Eso sí, o socio tiña que poñer cartos e atopar un bo barrio que esto das pulgas non era cousa de pobres.

De onde saen estas trangalladas?
A publicidade no xornal El Noroeste informa sobre a data de actuación en A Coruña pero é a revista catalá Mirador (27/06/1935) quen da a meirande parte dos datos sobre a carrera de Mr. Quevedini e as suas representacións.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s